VISITA Á FACULTADE DE ÓPTICA E OPTOMETRÍA 3º ESO

  • 19 de marzo de 2024

VISITA Á FACULTADE DE ÓPTICA E OPTOMETRÍA 3º ESO

 

Os alumnos de 3º ESO visitamos, o luns 18 de marzo, a facultade de Óptica e Optometría. A clase de BIOLOXÍA de 3°ESO trasladouse á facultade de ÓPTICA na que os alumnos realizaron varios experimentos.

Aprenderon experimentando a estrutura do ollo e a súa crucial función na visión e na sincronización vital nos ciclos de sono e vixilia. Aspectos todos eles moi importantes para unha boa hixiene do sono na nosa etapa adolescente.

Puideron entender como ve un ollo emétrope, hipermétrope, miope e astigmático.A fase de experimentación animal foi a fase da visita máis forte pero divertida.

Moitas grazas aos profes e alumnos de doutoramento da facultade de Óptica e Optometría.

Foi unha oportunidade excepcional para aprender!





@cole_remedios tweets