VISITA Á RTVG 1º ESO

  • 18 de marzo de 2024

VISITA Á RTVG 1º ESO

Os alumnos de 1º ESO visitamos hoxe o centro da RTVG.

Asistimos á grabación en directo do programa "Bos Días"no estudio 5, vimos un anaco da grabación "Da revista" e participar na Radio Galega no programa que se estaba a emitir neses intres. Algúns compañeiros probaron o que é ser locutor de radio, e mesmo puideron dar paso á publicidade do programa como auténticos profesionais.

Unha visita moi especial que nos permitiu coñecer dende dentro como se traballa para sacar adiante os programas de televisión e radio.





@cole_remedios tweets