ABERTO PRAZO PARA AXUDAS A LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23-24

  • 22 de maio de 2023

ABERTO PRAZO PARA AXUDAS A LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23-24

 

O pasado venres 19 de maio publicouse no DOG a Orde do 10 de maio pola cal se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar de cara ao vindeiro curso 2023/24.

 

 

Poden presentar solicitudes os pais/nais/titores/as ou representantes legais do alumnado de E. Primaria, ESO e E. Especial.

Todos os solicitantes deben cubrir o ANEXO I e II, así como presentar a documentación que se indica nos mesmos (orixinais e copias).

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de xuño de 2023 e poden entregalas ben na SECRETARÍA do Centro ou ben por Sede Electrónica.

 Podedes consultar a orde na seguinte ligazón

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.pdf

 





@cole_remedios tweets