INFANTIL VISITA A GRANXA ESCOLA FERVENZA AVENTURA

  • 16 de maio de 2023

INFANTIL VISITA A GRANXA ESCOLA FERVENZA AVENTURA

Entre animais anda o xogo.


Os nenos e nenas de Infantil tivemos hoxe a nosa excursión de fin de curso e visitamos Fervenza Aventura.
Alí tivemos a oportunidade de coñecer de cerca os animais da granxa: ovellas, cabras, ponis, patos, ocas, coellos, galiñas, pitiños, pavos reais, cabras, á porquiña Pepa, á burra Macarena e á tenreira Toxa, á que lle demos un biberón enorme!
Aprendemos as súas características principais e tívemos a sorte de poder interactuar con algúns deles acariñándoos, cepillándoos e alimentándoos.
Ademais, tamén traballamos na horta prantando leitugas e no forno facendo pan.
Foi unha xornada inesquecible!




@cole_remedios tweets