AUDITORIO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA - 1º-2º EP

  • 23 de marzo de 2023

AUDITORIO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA - 1º-2º EP

ESPERANDO O AMENCER

Esta mañá, o alumnado de 1°e 2° de E.P. visitamos o Auditorio da Escola Municipal de Música.

Entre violas, violonchelos, saxofóns, guitarras eléctricas, teclados e demais instrumentos, contáronnos o conto "Esperando o amencer" ao ritmo da música e bailando coma toliños.

Grazas á Banda Municipal de Música por facernos desfrutar nesta mañá primaveral.





@cole_remedios tweets