FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

  • 17 de maio de 2022

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

 

Este ano o autor que honramos é a  Florencio Delgado Gurriarán. Sendo as referencias  da nosa literatura moi importantes, non debemos esquecer que  a lingua é algo vivo, non unha peza de museo. Se realmente queremos galego, se o sentimos como propio, falémolo!! Porque de nós depende , como  dixo outro gran autor que a lingua galega teña, " mil primaveras máis !!"

 

Para celebralo, o alumnado do colexio fixo diferentes actividades  relacionadas co autor homenaxeado, tanto na aula como acudindo  á estatua de Rosalía na Alameda de Compostela para ler o manifesto pola nosa lingua , recitar dous poemas do autor e realizar unha ofrenda floral a nosa poetisa.

Florencio foi unha persoa comprometida, por elo foi perseguido, como tantas outras, polo franquismo,e tivo que fuxir da súa amada terra. Mais a distancia fixo medrar aínda máis o seu amor e compromiso pola lingua galega e os valores de igualdade e liberdade.

O ING (Instituto Galgo de Estdística) informa nosus últimos datos sobre a dramática situación da lingua, o 24% das persoas menores de 15 anos non sabe galego. Ante iso, como sociedade, como comunidade educativa como nos posicionamos?

Ollar exemplos como  Florencio pódenos amosar un camiño para axudar a conectar coa lingua, primeiro a nivel emocional e despois pensar nas estratexias necesarias para unha lingua minorizada na nosa terra e recuperar o uso do galego como lingua útil.

Para acadar esa utilidade  habería que adicar enerxía e tempo entre as persoas novas porque elas son o futuro. Pero non hai mellor exemplo para elas que a práctica polos súas persoas de referencia, menos charlas e explicacións e máis amosar o amor e o cariño pola lingua. Cando queremos a alguén,  abrazámolo forte. O falar en galego é a aperta máis agarimosa que lle podemos dar a lingua galega e á nosa xuventude.

Persoas coma Florencio son un faro na mellora dos nosos dereitos, tanto de cidadanía como de galegofalantes!!

 

Se queredes saber máis da figura de Florencio Delgado Gurriarán premede na seguinte ligazón e accederedes ao especial que fai a Real Academia Galega sobre o autor ( biografía, obras, vídeos ,...)

 

Información sobre Florencio Delgado Gurriaran





@cole_remedios tweets