CHEGOU A CORESMA!

  • 24 de febreiro de 2021

CHEGOU A CORESMA!

Xa se palpa na galería do noso colexio pero tamén nas aulas, nas reflexións... este tempo de riqueza.
 

Tempo de deserto, de atoparnos con nós mesmos. Tempo dun xaxún verdadeiro, vivido con profundidade e cunha aposta forte por comprometernos a facer ao noso redor un mundo máis xusto e mellor.
Faremos un kit kat, un paréntese porque a paixón de educar tamén nos leva a enriquecernos espiritualmente.
Tempo de cambiar os medos por soños, de transformar a tristura e o gris en beleza. 
Chamada a transfigurarnos para que alumee a mellor versión de nós mesmos.
#RemediosCoresma
#Tempodedeserto
#RemediospreparaaPASCOA





@cole_remedios tweets