FONDO SOLIDARIO COVID-19

  • 01 de xaneiro de 2021

FONDO SOLIDARIO COVID-19

Queremos contactar con vós para darvos a coñecer a iniciativa do colexio de crear un FONDO SOLIDARIO COVID-19.

Lanzamos este novo proxecto solidario porque a situación de crise é tan forte que xa está golpeando a moitas das nosas familias; por iso facemos este chamamento á solidariedade. Poñémonos na pel das familias que se están a ver afectadas por ERTES, por situacións difíciles de desemprego ou incluso pola enfermidade e perda dalgún ser querido.

Como centro cristián e vicenciano non podemos mirar para outro lado ante a realidade tan complexa que están vivindo moitas familias da nosa comunidade educativa. Nestes momentos están xurdindo novas necesidades que non son atendidas por outras institucións. Por este motivo, se de nós depende, faremos o posible para que ningún dos nosos alumnos teña que abandonar o colexio por mor desta crise.

Facemos, pois, un chamamento á solidariedade e xenerosidade de todos para que na medida das posibilidades de cadaquén, fagamos un donativo solidario para mitigar os coletazos cos que está sacudindo esta pandemia a aquelas familias en situación de dificultade económica.

A recadación irá destinada a axudar ás familias nos gastos de comedor, transporte, uniforme, material escolar…

Temos a esperanza de que a familia vicenciana baixo o lema XUNTOS REMEDIOS seremos quen de axudarnos entre nós e lograr así grandes obxectivos. Parafraseando a E. Galeano: “Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas pode cambiar o mundo”. Como comunidade educativa: familias, persoal de administración e servizos, profesorado e comunidade das Fillas da Caridade, unirémonos para sumar.





@cole_remedios tweets