NOTAS SEGUNDA AVALIACIÓN

  • 24 de marzo de 2020

NOTAS SEGUNDA AVALIACIÓN

Co desexo de que a saúde continúe a ser a nosa compañeira máis prezada nestes momentos tan delicados, poñémonos en comunicación con vós para trasladarvos as últimas instrucións recibidas desde a inspección educativa para o remate do segundo trimestre e o inicio do seguinte.

INSTRUCiÓNS

1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre.

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

Non se realizarán máis probas da 2ª avaliación ao realizarse o peche da mesma. O claustro de profesores ten programadas as xuntas de avaliación durante estes días vía telemática. O venres día 3 de abril, ás 19:00 h aproximadamente, teredes publicadas na plataforma EDUCAMOS os boletíns de notas coas cualificacións dos vosos fillos correspondentes á 2ª avaliación.

Os boletíns da 2ª avaliación dos alumnos de Educación Infantil serán enviados ao correo de cada familia vía plataforma. Para poder descargalo non se pode utilizar a aplicación  educamos deberedes acceder a educamos desde internet.

Á volta da Semana Santa en canto retomemos o período lectivo, e de continuar coa actual situación, as directrices que nos envían indícannos que será flexibilizada a programación didáctica vixente, avanzarase en materia e todos os contidos traballados vía telemática serán avaliables. No momento en que teñamos máis información ou cambios sobre o 3º trimestre, recuperacións, .... seredes informados.

Dende o colexio o claustro de profesores faremos o que estea nas nosas mans por flexibilizar ao máximo o programado, poñeremos todo o noso empeño en chegar a todos os nosos alumnos, sobre todo a aqueles que máis nos precisan. Xuntos, familia e escola camiñando acompañados uns doutros e traballando arreo, sairemos adiante, e sen dúbida aprenderemos moito máis que contidos curriculares.

Moito ánimo e bo descanso neste tempo de PASCOA no que máis que nunca precisamos sexa de RESURRECIÓN.

Se tedes dificultades para acceder á plataforma educamos contactar vía telefónica co equipo directivo e a través dos seguintes enderezos electrónicos:

educamoscoleremedios@nsremediossantiago0365.educamos.com
jfeas@nsremediossantiagoo365.educamos.com
yolanda@nsremediossantiagoo365.educamos.com
marisalema@nsremediossantiagoo365.educamos.com
chus.ferreiro@nsremediossantiagoo365.educamos.com

Teléfonos contacto: 646431666 / 981585850

Un saúdo garimoso





@cole_remedios tweets