SEGUIMENTO DOS ALUMNOS NA CASA

  • 16 de marzo de 2020

SEGUIMENTO DOS ALUMNOS NA CASA

http://www.colexiodosremedios.com/media/uploads/1584438095_INSTRUCCIONES PARA ALTAS DE USUARIO ESTUDIANTE.pdfEstimadas familias:Empezamos a semana ante un novo reto educativo, trátase de facer o seguimento académico e de titoría dos nosos alumnos de forma telemática. Como xa ben sabedes, as últimas instrucións recibidas por parte do goberno autonómico son que o profesorado non asistirá ao centro, so haberá presenza dalgún membro do equipo directivo.

descarga documento pdf.jpg INSTRUCIÓNS ALTAS SERVIZO PLATAFORMA EDUCAMOS FAMILIAS

descarga documento pdf.jpg INSTRUCIÓNS ALTAS SERVIZO PLATAFORMA EDUCAMO ALUMNOS ESO  

Co fin de garantir a continuidade académica e o maior aproveitamento destes 14 días que temos por diante, achegámosvos unhas instrucións xerais que serán válidas para todo o alumnado do colexio.

  • A PLATAFORMA EDUCAMOS quedará aberta para todas as familias de forma gratuíta mentres dure esta situación extraordinaria. O Equipo Directivo fará chegar por correo electrónico ou, de ser o caso por outros medios,  os contrasinais e as instrucións que debedes ter en conta para darvos de alta. Se non e posible buscaremos algunha alternativa.
  • Os profesores farán o seguimento a diario, segundo o horario do curso dos vosos fillos. Poñeranse traballos de diversa índole que aparecerán no apartado de ”TAREFAS” no voso perfil de familias. Estes traballos poderán ser de consolidación e repaso de contidos impartidos, de ampliación ou novos. Non serán avaliables.
  • As tarefas poderán ter unha data de entrega a medio prazo, ou ben dun día para outro. Os alumnos de ESO, desde o seu perfil alumno, terán a posibilidade de enviar de volta as tarefas realizadas aos profesores, adxuntando os arquivos nunha mensaxe. No caso das etapas de infantil e primaria deberán ser as familias, desde o perfil familias, quen devolva o traballo feito, indicando en asunto da mensaxe o nome do alumno. Estas tarefas son de carácter voluntario.  Na medida do posible serán enviadas as solucións das tarefas  plantexadas.
  • As titorías realizaranse exclusivamente a través de mensaxes pola plataforma con todo o profesorado. IMPORTANTE! A aplicación móbil de EDUCAMOS NON PERMITE ENVIAR MENSAXES NIN ADXUNTAR ARQUIVOS, polo que so se pode facer a través da dirección web da plataforma.
  • Poderase contactar vía telefónica co equipo directivo en caso de ter problemas cos contrasinais e a través dos seguintes enderezos electrónicos:

educamoscoleremedios@nsremediossantiago0365.educamos.com
jfeas@nsremediossantiagoo365.educamos.com
yolanda@nsremediossantiagoo365.educamos.com
marisalema@nsremediossantiagoo365.educamos.com
chus.ferreiro@nsremediossantiagoo365.educamos.com

Teléfonos contacto: 646431666 / 981585850

As chamadas telefónicas realizaranse en horario de 9:30 a 13:30 h. preguntando por algún membro do equipo directivo. No caso de non poder ser atendidos deixade recado e durante o día intentaremos dar resposta.

Enviarase información do calendario de exames de ESO en próximas circulares.

Temos moi presente que todo este esforzo que faremos desde o colexio para adaptarnos a estas circunstancias pagará a pena, pero ben certo é que para que haxa continuidade no proceso ensino-aprendizaxe é necesario que os alumnos se involucren coas súas tarefas e o seu horario. É labor de todos, familia e escola, facerlles caer na conta de que deben tomar conciencia da responsabilidade que teñen por diante.

Vivamos este momento como unha oportunidade para aprender moito e doutro xeito.

descarga documento pdf.jpg Circula I familias 

descarga documento pdf.jpg Circula II familias 





@cole_remedios tweets