CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ E XAXÚN SOLIDARIO

  • 06 de febreiro de 2020

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ E XAXÚN SOLIDARIO

Hoxe desfrutamos dun día moi completo:
Celebramos todos xuntos no patio o Día da non violencia e a paz. Con música de Antonio Flores construímos todos os membros da Comunidade Educativa do colexio unha frase cargada de significado: DECIDIMOS A PAZ.

 

E como a PAZ se constrúe desde a solidariedade, desde 4° de E. Primaria a 4° de ESO compartimos un xantar solidario, sumándonos así á campaña de Mans Unidas contra a fame no mundo cunha recadación de máis de 800€. Un éxito!
Non pasamos fame, pasámolo ben e xogamos partidos solidarios, pero ao tempo concienciámonos de que se somos sensibles á inxustiza poderemos crear
un mundo mellor.
Grazas por este marabilloso día no que o tempo tamén foi solidario con nós e luciu o sol.

 





@cole_remedios tweets