OS ALUMNOS DE 4º DE PRIMARIA VIAXAN Á CORUÑA

  • 21 de xaneiro de 2020

OS ALUMNOS DE 4º DE PRIMARIA VIAXAN Á CORUÑA

Hoxe os alumnos e alumnas de 4° de Primaria fomos á nosa capital de provincia, á cidade de A Coruña para pasar unha xornada moi científica.

Comezamos visitando a Domus, onde espertaron todos os sentidos. Alí xogando coa ciencia, descubrimos desde a cantidade de auga que temos cada un no corpo, ata o nivel de concentración e relaxación que podemos exercer sobre o mesmo.
Despois dun bo almorzo ao aire libre no parque de Santa Margarita, disfrutamos dunha sesión de Planetario, na que presenciamos máis preto que nunca o noso Sistema Solar e a Vía Láctea. Descubrimos que a astronomía é fascinante e maravillámonos coas estrelas, as constelacións e o Universo.

Por último fixemos un percorrido polo Aquarium. Foi tan interesante que quedamos con ganas de volver e pasar máis tempo escoitando as apaixoantes anécdotas que nos contaba a nosa guía. E ver de novo aos tiburóns e ás diferentes especies xigantes que convivían alí. Hoxe aprendemos ciencias naturais en vivo e en directo!

 





@cole_remedios tweets