... E TAMÉN A PRIMARIA

  • 30 de outubro de 2019

... E TAMÉN A PRIMARIA

Samaín é tradición celta, e polo tanto tradición galega. Con esta festividade delimitábase o fin das colleitas e o paso á nova estación do inverno.

No colexio tamén aprendemos as tradicións. Proba disto é que na mañán de hoxe, pantasmas, cenouras maléficas, moco de pantasma,contos e historias se convertiron en instrumentos para celebrar e tamén para aprender en educación infantil.
En primaria tarde de festa tamén. Os profes convertidos en verdadeiros actores e actrices, subíronse ao escenario para tirar do teatro como interesante instrumento de aprendizaxe.
Unha bruxiña con gañas de casar, unha pantasma, unha momia, un gato, un pirata un vampiro, un lobo e un mago moi zalamero, todos moi marchosos e con gañas de pasalo moi ben e ter unha tarde moi entretida.
Botade unha ollada ás instantáneas cheas de cor, cheas de outono e cheas de maxia...
Feliz Samaín a todos.

 





@cole_remedios tweets