CARREIRA PEDESTRE

  • 27 de outubro de 2019

CARREIRA PEDESTRE

Outro ano máis os alumnos e alumnas do noso colexio non faltaron á “cita obrigada” da 42 edición da Carreira Pedestre de Santiago.

O día invitaba para a práctica do atletismo e miles de escolares botábanse polas rúas de Santiago, dispostos a gozar deses 7km do percorrido.
Os casi 90 alumn@s (desde 5º de primaria a 4º de ESO) inscritos este ano, non escatimaron esforzos para, ademais do reto persoal que supón chegar á meta, facelo conseguindo o 4º posto na clasificación xeral de Centros Escolares.
A chegada á Praza do Obradoiro ateigada de xente (familiares e amigos) animando aos participantes é un marco incomparable que fai desta carreira un evento único e especial da nosa cidade.
Atrás quedaban as duras rampas de Vite que sempre supoñen ese “sufrimento” e superación que fan que a auténtica victoria sexa a chegada á meta.
Parabéns aos nosos alumn@s pola participación e o mérito dese CUARTO POSTO DE EQUIPO ESCOLAR CLASIFICADO.
Un máis xa na longa traxectoria do colexio Ntra Sra Dos Remedios na historia da carreira pedestre popular de Santiago.
Un recoñecemento especial ao noso alumno Hugo Noya Aldrey de 6°A de primaria polo 2° PREMIO DA CATEGORÍA ESCOLAR ALEVÍN.

PARABÉNS!

 





@cole_remedios tweets