VISITA Á FEIRA DE BIOTECNOLOXÍA DE 4º ESO CIENCIAS

  • 09 de outubro de 2019

VISITA Á FEIRA DE BIOTECNOLOXÍA DE 4º ESO CIENCIAS

Esta mañán os alumnos de 4° ESO de CIENCIAS, na materia de BIOLOXÍA, cambiamos a nosa aula pola visita á Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.
 

Fixemos un percorrido por diferentes stands nos que cunha explicación de alumnos de máster a alumnos de ESO, puidemos descubrir importantes aplicacións biotecnolóxicas das enzimas, do metano, anticorpos monoclonais, antibióticos, fermentacións, bacterias...
Un xeito máis motivador de aprender, unha clase diferente ao tempo que imos abrindo fiestras para ir dilucidando o noso futuro... e tendendo pontes coa universidade.
Moitas grazas pola invitación á profesora Trinidad De Miguel Bouzas!
A seguir coleccionando experiencias destas!

 





@cole_remedios tweets