EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2º PRIMARIA

  • 14 de xuño de 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2º PRIMARIA

Hoxe os alumnos de 2°de primaria celebramos a nosa excursión de final de curso.

 

Tempraniño collemos o autobús que nos levou cara Corrubedo. Alí visitamos o centro de visitantes do Parque Natural onde no explicaron os diferentes ecosistemas e por que se formara a duna móvil. Logo pasamos a ver moitas destas cosas en vivo. Diferentes ecosistemas, algún que outro animaliño, todas as aves protexidas...
E despois de repoñer forzas, festa rachada. Xogamos, bailamos, fixemos talleres de maquillaxe, e moitas cousas máis.
Foi un día moi completo.

 





@cole_remedios tweets