COMUNIDADE EDUCATIVA E MERCADILLO SOLIDARIO

  • 21 de decembro de 2017

COMUNIDADE EDUCATIVA E MERCADILLO SOLIDARIO

No colexio quixemos celebralo dun xeito sinxelo pero moi sentido, confraternizando xuntos toda a comunidade educativa, un momento importante de encontro, de Festa, emotivo, porque Deus habita en nós e na humanidade enteira.

Rematamos a tarde cun chocolate participando no Mercadillo Solidario dos Remedios, solidarizándonos cos que non teñen Nadal coma nós, cos que precisan de nós e cos seus berros nos chaman a SERVIR. 

Meu meniño

Pel de caravel

Os seus ollos

Estrellas do mencer.

Dende lonxe

Imos todos a EL

Esa lúa

Que brilla no teu ceo.

Estes versos, con moita dozura cantaban os nosos rapaces na súa Panxoliña neste Nadal que chega, que brila para todos nós. Non queremos perder de vista o obxectivo deste curso, por iso nestas datas queremos suliñalo con forza. Desexando que todas as familias, alumnos, profesores, PAS, fillas da Caridade non perdamos nunca de vista esta mirada de SERVIZO neste aninovo que nos chega.

Boas festas e mellor 2018 a todos!





@cole_remedios tweets