Hoxe rematamos o trimestre, o colexio en silencio agárdanos para a recta final. Os alumnos de 1°, 2° e 4° aínda rematando este venres coas súas respectivas viaxes.
A Coruña: acuario, Muncyt, torre de Hércules...
Santander: Santillana del Mar, Cova do Soplao...
París: museo do Louvre...
Moito que ver e que aprender destas grandes aventuras e experiencias coas que despedimos esta segunda parte do curso.
Agora momento de recuperación e descanso para empezar con ánimos renovados o sprint final.
Feliz PASCOA de ESPERANZA e felices vacacións a todos!