CELEBRACIÓN DO BOCADILLO SOLIDARIO

  • 01 de marzo de 2018

CELEBRACIÓN DO BOCADILLO SOLIDARIO

Alumnos e profesores participamos o pasado xoves 22 de Febreiro no día de xaxún voluntario pertencente a un proxecto anual de Mans Unidas,  Como todos os anos o noso colexio participa co xantar dun bocadillo solidario.

O achegado polos participantes é entregado a esta campaña para paliar a fame no mundo. Millóns de persoas sofren as consecuencias dun mundo inxusto e con esta iniciativa tentamos concienciar aos nosos alumnos neste sufrimento , no consummo responsable e na busca de solucións.

Ademais destes obxectivos fomentamos tamén a participación , a cohesión e o desfrute de estar cos compañeiros polo cal tomamos o bocadillo e a auga fóra do colexio para que valoren tamén a natureza , patrimonio ou actividades saudables ( deporte ou xogos).

Así, os alumnos de primaría desfrutaron polo entorno do Campus Universitario onde puideron xogar  nas súas instalacións, 1º de ESO gozaron moito na Alameda, 2º e 3º de ESO xantaron contemplando a xoia do románico dende a Praza da Quintana mentras 4º de ESO relaxouse no parque de Galeras.

Co desfrute, co sorriso, contemplando unha das marabillas construídas polo ser humano facemos fronte e pensamos nas inxustizas que os seres humanos máis indefensos teñen que sufrir día a día.

Para máis información sobre esta xornada a nivel mundial podes visitar a páxina de Mans Unidas premendo aquí.

 

 

 

 

 





@cole_remedios tweets