MONICREQUES “A VIAXE DE ROSALÍA”. LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO NO SEU ANIVERSARIO

  • 27 de febreiro de 2018

MONICREQUES “A VIAXE DE ROSALÍA”. LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO NO SEU ANIVERSARIO

O venres 23 de febreiro, acudimos a El Corte inglés de Santiago a ver un espectáculo de títeres. Da man da narradora e titiriteira Larraitz Urruzola coñecimos parte da obra Rosaliana e algún dos mementos da vida desta insigne artista galega.

A madriña de Rosalía, Francisca Do Campo, contou a historia da súa querida afillada, compartindo con nós a traxectoria vital e artística dun símbolo tan importante para a cultura galega.

A vida de Rosalía é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual.

Rosalía de Castro é a ecritora galega de maior relevancia universal , muller comprometida con Galicia e adiantada ao seu tempo como pioneira do pensamento feminista.

A súa obra “Cantares Gallegos” foi publicada o 17 de Maio do 1863; en conmemoración deste feito, cada 17 de Maio celébrase o día das Letras Galegas.

 

 





@cole_remedios tweets