Programa Pequenos Madrugadores
Written by Administrator   
miércoles, 16 enero 2008

 

O programa "PEQUENOS MADRUGADORES" comenzou a funcionar durante o curso 2004- 2005 e continúa na actualidade.

Por diversos motivos ou circunstancias, algunhas familias, necesitan que o Centro abra as portas para os alumnos de INFANTIL e PRIMARIA antes das 9:30 horas, que é a hora de comenzo da xornada lectiva para Educación Infantil e Primaria. O horario deste servizo é de 08:00 h. a 09:30 h. (con opción de almorzo). 

  

programa_madrugadores.jpg

  

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dende o Colexio ofrecemos ás familias que o necesitan, unha solución a este problema e tendo a seguridade de que os nenos  e nenas, durante ese “tempo extra”, estén ben atendidos polo persoal do Centro.

Atender ós nenos e nenas  durante ese tempo, supón unha dedicación especial e un gasto adicional ao que o Centro ten que facer fronte, por iso, o Programa  “Pequenos Madrugadores”, ten un coste de 15 euros mensuais . Se son dous irmáns, soamente se aboará o custe dun deles.

PREZO: Primeiro fillo: 15 euros mensuais ; Segundo fillo: Gratis

 

programa madrugadores 2_502x314.jpg