Programa de préstamo de libros
Written by Administrator   
miércoles, 15 enero 2014

- Programa de Préstamo de Centro

 

No centro somos conscientes da difícil situación económica que todos estamos  a pasar. O custo que cada familia ten que facer en relación ao material dos seus fillos é alto.

Como ben sabedes dende o curso 2012-2013 o Colexio decidiu tomar unha iniciativa, que consideramos emprendedora, comprometéndonos a que algúns libros poidan seguir funcionando como “Programa de Préstamo de Centro” axudando así, a reducir os gastos das familias. Este programa funcionaría desde 3º de Primaria a 4º de Educación Secundaria.

Algúns libros son do antigo programa de gratuidade e outros foron cedidos ao Colexio porque se acolleron ao  Programa de Préstamo do Centro”.

libros_texto.jpg

 LIBROS DO PROGRAMA DE GRATUIDADE DO COLEXIO

CURSO PRIMARIA

MATERIA

CURSO ESO

MATERIA

3º curso Primaria

Educación Física

Inglés

Relixión

1º curso ESO

Educación Plástica e Visual

Ciencias da Natureza

Relixión

4º curso Primaria

Educación Física

Inglés

Relixión

2º curso ESO

Relixión

Música

Educación para a Cidadanía

5º curso Primaria

Inglés

Música

Educación Física

3º curso ESO

Educación Plástica e Visual

Relixión

Tecnoloxía

6º curso Primaria

Inglés

Música

Educación Física

4º curso ESO

Relixión

Ética

Ciencias Sociais, xeografía e historia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As familias que se acollen a este “Programa de Préstamo do Centro” por primeira vez deben entregar ao Colexio ao final deste curso os libros que lle correspondan para recibir en compensación outros totalmente gratuítos o vindeiro curso.

Trátase das familias de nova incorporación porque non o fixeron o curso pasado e tamén as familias de 3º e 4º de primaria (libros de Inglés e Relixión). 

 

 

- Aclaracións venta de libros no centro e Programa de Préstamo de Centro

 

a). Comprar os libros no colexio e participar no “Programa de Préstamo de Centro” son totalmente independentes (non é necesario comprar os libros no colexio para poder participar no programa de préstamo). Evidentemente, o colexio agradede que as familias compren os libros no colexio para incrementar os recursos que se adicarán á mellora da calidade do ensino nos diversos proxectos.

 

b). Para poder participar no programa o alumno debe donar ao centro os libros que aparecen na táboa anterior . Desta maneira o programa pode funcionar.

 

c). Aqueles alumnos que se acollan ao programa entregarán de novo estes libros ao final do curso, ao colexio, para que poida seguir funcionado o programa de préstamo. Os alumnos quedan obrigados a conservar en perfecto estado os libros entregados, e a devolvelos ó finalizar o curso escolar. En caso de producirse deterioro, extravío ou a non entrega ó final do curso, o alumno deberá repoñer ou proceder ó pagamento do seu importe. O alumno poderá quedar excluído do programa para os sucesivos cursos escolares.

 

d). A finalidade principal desta iniciativa é reducir os gastos as familias na compra dos libros de texto.