Historia
Written by Administrator   
miércoles, 16 enero 2008

Pasaron máis de 400 anos, dende que se sementou unha ilusión e un risco, para levar a cabo unha obra educativa que tanto ben  reportou á ciudade de Santiago. 
Foi el 8 de agosto de 1597 cando o arcebispo D. Juan de san Clemente quen comprou o cabido a casa para acoller nela a doncelas orfas de boa vida e bos costumes,para ensinarlles a doutrina cristiá e outros labores que as preparasen para formar boas familias.

     
 

Foto: Patio do Colexio

       

Pero ata o 1608 viven no que hoxe se coñece como casa da Troia, e é a partir  deste ano que viven no lugar no que hoxe se atopa o Colexio, pois consta que no 1608 solicitan o permiso do concello para que chegue a agua a dito edificio. Foilles concedida unha fonte interior “ para máis clausura e honestidade e recollemento das orfas.” (A fonte continúa utilizándose na actualidade), e outra fonte exterior para que poidan gozar camiñantes e os vecinos da porta Faxeira, así como o Colexio. 

Gozou esta fundación de insignes benefactores, pero especialmente o arcebispo e Cardenal Martín de Herrera que no 1910 restaurou todo o edificio conservando todo elemento artístico.O Seu corpo repousa na Igrexa do Colegio.

Este colexio pasou por moitas dificultades por formar parte do enclave das murallas da  cidade, quedando como recordo dentro do conxunto, a única torre medieval que se conserva na cidade e sobre a que se asenta a Fonte de San Antonio.

Esta fundación estivo durante séculos rexida por unha reitora coa súa comunidade, non eran relixiosas, pero vivían como se foran de clausura. Dependían dun administrador nomeado polo cabido.

Na madrugada do 19 de novembro de 1878 ás 5,30 da mañá, chegaron a este colexio de doncelas orfas as tres primeiras fillas da Caridade de San Vicente de Paúl, para encargarse da dirección e goberno do dito establecemento, sostidas polo Cardenal Payá.

Dende que chegaron as Fillas da Caridade, permanecen no centro sen interrupción, o centro pasou por distintas etapas, sempre atentas ás necesidades dos tempos  acomodándose ás diversas esixencias educativas:

Ensinaza Primaria
Bacharelato Elemetal e Superior
Escola de Maxisterio da Igrexa.
Internado numeroso
Residencia universitaria. E.X.B.
Para chegar o momento actual no que o centro é un colexio integrado por: Infantil – Ed. Primaria – ESO. con  servizo de comedor escolar.
O centro está concertado nos niveis de 2º Ciclo de Infantil, Primaria e E.S.O.


É un centro con Carácter propio que se pode sintetizar así : Toda escola vicenciana está ao servizo integral da persoa na súa tripla dimensión : persoal, social e trascendente, con unha preocupación especial polos máis débiles no seu nivel económico, capacidade intelectual ou outro tipo de limitación.

Intentamos inserirnos o máis posible na realidade sociocultural, os nosos alumnos participan en múltiples actividades, promovidas polos organismos oficiais ou privados. Traballamos en estreita colaboración coa Asociación de Pais / Nais de alumnos.

Son variadas as actividades extraescolares que ofrece o Centro e que organiza e dirixe a A.N.P.A..

A Comunidad e das Fillas da Caridade deste centro, ademais da actividade específica de ensinaza, está aberta a outros servizos como Pastoral Xuvenil ( JMV), Catequesis, Voluntariado da Caridade, servizo e cuidado da Igrexa do Colexio aberta o público con ( exposición permanente do Santísimo)..