Auxiliar Conversación Nativo
Written by Administrator   
miércoles, 09 marzo 2011
AUXILIAR DE CONVERSA NATIVO
 
O centro conta con dous AUXILIARES DE CONVERSA NATIVOS para inglés. Cada grupo de Educación Infantil, Primaria e Secundaria conta cunha hora  á semana co auxiliar de conversa.
 
Lembramos que o Colexio xa participa no proxecto de implantación de Seccións Bilingües (Educación Física en Educación Primaria en Inglés), no Proxecto de Anticipación Lingua Extranxeira (Inglés) en Educación Infantil (4 sesións semanais de media hora cada grupo) e ademais  pertence á REDE DE CENTROS PLURILINGÜES da Comunidade desde o curso 2010-2011 (as materias de educación física e plástica de 1º, 2º e 3º de primaria impártense en lingua inglesa).

  O QUE NOS MOVE É:

            

-         A necesidade de posuír, na sociedade Actual un bo dominio de linguas estranxeiras como se fai referencia na orde do 18 de Abril do 2007 polaque se crea a regula a convocatoria do plan de seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensinanzas non universitarias.

 

-         Mellorar a competencia lingüística dos alumnos, non só válida para a lingua inglesa se non tamén para todo o desenvolvemento da súa personalidade.

 

-         Enriquecer simultaneamente e dun xeito correlacionado os coñecementos lingüísticos e os coñecementos técnicos.

 

-         Poñer a disposición dos alumnos medios eficaces para adquirir o coñecemento do inglés.

 

-         A demanda dos pais dos alumnos, que reclaman a potenciación da formación dos seus fillos de tal forma que permita que estes adquiran o coñecemento, dominio e uso fluído de linguas estranxeiras como ferramenta decomunicación e de traballo nalgunhas áreas.

 

-         Continuar coa implantaciónde  de proxectos que melloren a calidadedo colexio.

 

-         Continuar coa implantación de proxectos que melloren o dominio das linguas extranxeiras iniciada no curso 2007-2008 con seccións bilingües no primeiro ciclo de Educación Primaria.

 

auxiliar_2.jpg