Anticipación Lingua Extranxeira Ed. Infantil
Written by Administrator   
miércoles, 09 marzo 2011
 
PROXECTO DE ANTICIPACIÓN DA LINGUA EXTRANXEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL
 
infantil_596x384.jpg
   

É dende a idade temperá onde mellor se aprenden os idiomas, por iso, no Colexio Nuestra Señora de los Remedios, temos diariamente sesións  impartidas totalmente en inglés en todas as clases de educación infantil

 

Os motivos que impulsaron ao centro a participar no proxecto foron fundamentalmente os seguintes:

 

-  A necesidade de posuír, na sociedade actual, un bo dominio de linguas estranxeiras así que a primeira etapa da vida e a idónea para aprender outras linguas, alén da materna. 

- Mellorar a competencia lingüística dos alumnos, non só válida para lingua inglesa se non tamén para todo o desenvolvemento da súa personalidade

- Enriquecer simultáneamente e dun xeito correlacionado os coñecementos lingüisticos e os coñecementos técnicos

- Poñer a disposición dos alumnos medios eficaces evariados para adquirir o coñecemento do inglés que é obrigatorio en educación primaria.

- A demanda de pais de alumnos que reclaman a potenciación dos idiomas na formación do seus fillos de tal forma que permita que estes adquiran o coñecemento, dominio e uso fluído de linguas estranxeiras como ferramenta de comunicación e traballo nalgunhas áreas.

 

  OBXECTIVOS XERAIS

 

O proxecto está estruturado baseándose na consecución por parte dos alumnos dos seguintes obxectivos:

ingles_infantil.jpg

 

1-     Lograr o coñecemento da lingua inglesa por parte dos alumnos de xeito natural e dende os primeiros momentos da aprendizaxe.

 

2-     Valorar o coñecmento doutras sociedades e culturas através do uso da lingua inglesa facendo o posible o achegamento entre os cidadáns da unión europea e cos doutros continentes.

 

3-      Familiarizarse coa lingua inglesa e amosar unha actitude positiva fronte a ela.

 

4-     Comezar a crear unha relacion afectuosa entre oprofesor/a e os nenos e nenas.

 

5-   Establecer, a través de rutinas claras, disciplina na aula que permita unha transición fluída entre actividades e que proporcione un contorno de aprendizaxe segura

 

6-     Fomentar a compresión receptiva e o uso activo de toda a información contextual para comprender o significado a partir da exposición ao inglés

 

abecedario-ingles-canciones-infantiles.jpg

7-  Acostumar aos nenos e nenas que sigan intstruccións para as tarefas en ingles :mediante mímica, sinalado, asociación, etc.

 

8-     Incrementar a capacidade de atención e educación, especialmente mediante os contos.

 

9-     Obter respostas verbais simples cando os nenos e nenas se mostren preparados/as.

 

 

Para acceder á páxina da Consellería de linguas extranxeiras. Premer 

 

 http://www.edu.xunta.es/linguasestranxeiras/