Comedor Escolar PDF Print E-mail
Written by Administrator   
miércoles, 16 enero 2008

O ritmo da sociedade actual e os cambios no mundo laboral fan cada vez máis necesaria a oferta des novos servizos educativos que complementen aos existentes. Entre todos eles destaca, pola súa importancia no desenvolvemento da vida familiar e da propia educación e formación dos nosos alumnos, o comedor escolar.

 

Pensamos neste servizo como un espazo educativo importante, onde os nosos alumn@s practiquen hábitos alimenticios e normas de comportamento na mesa; é dicir, como parte fundamental dunha educación en valores.

comedor escolar.jpg

 

 Seremos os propios profesores os que nos encarguemos de atender este servizo. Así mesmo, a realización de diversas actividades nas nosas instalacións permiten: patio para xogos diversos, talleres (actividades extraescolares), salón de actos e vídeo, estudo dirixido...) fará posible a atención completa do alumno despois da comida, permitindo así que toda a xornada escolar transcorra dentro do centro.

 

Prezos comedor:
Para tódolos días e todo ano: 85 euros/mes de luns a xoves

100,00 euros/mes de luns a venres 

Días soltos (mediante vale): 6,00 € (o ticket cómprase na portería)

 

Expoñemos a continuación o menú escolar que tomarán os alumn@s que decidan quedarse o comedor durante o curso escolar, esperando que lles sirva de axuda á hora de elaborar a comida na casa, e axudándolles desta maneira a elaborar unha dieta sa e equilibrada Este menú tamén o poden descargar en formato pdf

   

comedor escolar 2.jpg

   

 

descarga documento pdf.jpg

 

 

DESCARGA :   Menu escolar 

 
< Prev   Next >