ADMISIÓN ALUMNOS. Curso 2017-18 PDF Print E-mail
Written by Administrator   
lunes, 18 marzo 2013

 1.- DOCUMENTOS PARA DESCARGAR (véxase tamén punto 7)

 

descarga documento pdf.jpg

DOCUMENTO DE INFORMACIÓN XERAL DO COLEXIO PARA ADMISIÓN 2017/2018

 

descarga documento pdf.jpg

 

ANEXO II DE ADMISIÓN CURSO 2017/2018 ACTUALIZADO

 

descarga documento pdf.jpg

 

PORTAS ABERTAS 2017/2018

 

 

2. XORNADAS DE PORTAS ABERTAS.

 

Durante o mes de febreiro e marzo terán lugar varias Xornadas de Portas Abertas para visitar o Colexio para as familias que están interesadas en novas admisións nas etapas de Educación Infantil, Primaria ou ESO. Previa cita, poderedes visitar as aulas de infantil e primaria en horario lectivo. 

 

É un bo momento para coñecer as nosas instalacións, cómo traballamos  e cal é o noso Proxecto Educativo e Carácter Propio 

 

Animádevos a vir!

 

DATAS:

 

XOVES 16 e MÉRCORES 22 de FEBREIRO ÁS 15:45 HORAS.

XOVES 2-9-16 de MARZO ÁS 15:45 HORAS.

VENRES 3-10 de MARZO de 18:00  HORAS. 

SOLICITA POR TELÉFONO OU CORREO OUTRO HORARIO DISTINTO OU ENTREVISTA.

PREVIA CITA. GRUPOS REDUCIDOS 

 

 

Para unha mellor organización das mesmas agradecemos a confirmación da asistencia vía teléfonica, correo electrónico ou ben informando na secretaría do Centro.

 

Podedes solicitar entrevista cos xefes de estudo da etapa ou dirección chamando ao teléfono 981585850 ou enviando mensaxe ao correo: This e-mail address is being protected from spam bots, you need JavaScript enabled to view it

 

Estas entrevistas ou visitas en ningún caso implica reserva de praza de ningún tipo. 

 

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN DO COLEXIO PODES DESCARGAR O SEGUINTE DOCUMENTO COA INFORMACIÓN XERAL DO CENTRO ACTUALIZADA.

descarga documento pdf.jpg

 

DOCUMENTO INFORMACIÓN XERAL COLEXIO (descargar) 

 

   

 

3.- NORMATIVA DE ADMISIÓN 

 

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos 2º ciclo ED. INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA. 

 

descarga documento pdf.jpg

 

ORDE 12 DE MARZO 2013 (DOGA 15 MARZO 2013).pdf 

 

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro (DOG Núm. 245, de mércores 26 de decembro de 2012) 

descarga documento pdf.jpg

 

ADMISIÓN EN CENTROS.pdf 

 

 

Orde do 25 de xaneiro de 2017 publicada no DOG do 1 de febreiro que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.  

descarga documento pdf.jpg
 

 

 

 

4.- NÚMERO DE VACANTES CURSO 2017/2018 

 

 

 

CURSO

 

NÚMERO

PRAZAS VACANTES

4º Curso Educación Infantil

44 + 6 (*)

5º Curso Educación Infantil

5

6º Curso Educación infantil

6

1º Curso Educación Primaria

5 (*)

2º Curso Educación Primaria

0

3º Curso Educación Primaria 

0

4º Curso Educación Primaria

0

5º Curso Educación Primaria

0

6º Curso Educación primaria

0

1º Curso ESO

 6 (*)

2º Curso ESO

0

3º Curso ESO

15

4º Curso ESO

10

  

(*) Reserva obrigatoria de prazas para a súa posible adxudicación por parte da Comisión de Escolarización a alumnado con NEAE.

 As prazas vacantes poderían sufrir cambios debido ás baixas que se podan producir a medida que avanza o curso e incluso no mes de setembro.

De estar interesado nalgún curso que non existe praza poñerse en contacto coa secretaría do centro para coñecer as modificacións que se poidan producir.

 

 

5.- DOCUMENTACIÓN DE ADMISIÓN DE NOVOS ALUMNOS 

 

4.1. DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:  

 

Anexo II (Orde do 15 de xaneiro de 2017)

Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno.

 

Datas: do 2 ao 20 de Marzo. 

Recoller a solicitude e entregala na secretaría do centro.

Só se pode presentar unha única solicitude (ANEXO II) no centro de primeira opción.

O alumnado con reserva de praza (ANEXO I) nun centro deberá comunicar á renuncia á reserva se presenta solicitude de admisión noutro centro.

 

 

4.2. CRITERIOS DE BAREMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA:

 

Presentación de documentación xustificativa dos criterios de baremo se o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas. A presentación da documentación complementaria é VOLUNTARIA.  A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente

 

Datas: 10 días hábiles a partires dos 2 seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

 

CRITERIOS DE BAREMACIÓN E DOCUMENTACIÓN

 

1.- Irmáns no centro.

Copia completa do libro de familia e certificación da dirección do centro, ou resolución da Consellería de Traballo e Benestar no suposto de acollemento.

 

2.- Pais que traballen no centro.

Certificación do centro

 

3.- Proximidade do domicilio familiar.

Certificado do Padrón Municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. A alta terá unha antigüidade mínima dun ano, (agás circunstancias xustificadas) e o certificado deberá estar expedido dentro do ano natural que corresponda.

 

4.- Proximidade do lugar de traballo. (non acumulable con domicilio)

Traballadores por conta allea: Documento expedido polo empregador/a e copia do contrato de traballo.

Autónomos:  Alta censual inicial perante a AEAT, coas súas modificacións.

Persoal ao servizo das administracións públicas: Certificación expedida pola xefatura de persoal correspondente.

 

5.- Renda da unidade familiar:

Autorización expresa para a utilización da información de carácter tributario polos dous proxenitores cónxuxes. 

Sumar casiñas 380+ 395 declaración 2015. 

Se o resultado é inferior 0,5 veces o IPREM:  3 puntos.

Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.

Se é igual ou superior  a 0,75 veces  e inferior ao IPREM: 1 punto.

Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos 

 

6.- Discapacidades.

Certificación do grao de minusvalía expedido pola Consellería de Traballo e Benestar, ou polo órgano competente das administracións públicas.

 

7.- Familia numerosa.

Fotocopia do Título oficial.

 

8.- Familia monoparental.

A definición de familia monoparental está contida no artigo 13 da Lei 3/2011 do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia.  Esta circunstancia acreditarase mediante fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación ou divorcio, medidas paterno - filiais ou convenio regulador.

 

9.- Criterio complementario  establecido polo Centro.

Cada centro sinalará a forma de acreditalo. No caso do noso Colexio:

Pai, nai ou representante legal (algún deles), do alumna/o solicitante sexa antigo alumno do propio centro ou de outros Centros Educativos Vicencianos.

 

NOTA IMPORTANTE: A Documentación que se  presente debe ser orixinal ou copia cotexada.

           

 

 

6.- DATAS A TER EN CONTA NO PROCESO 

 

 

 

FASES DO PROCESO

 

DATAS

Ed. Infantil, Primaria e E.S.O.

 

Presentación de Solicitudes de admisión.

Documentos a presentar :

1. Solicitude debidamente cuberta. (ANEXO II)

2. Fotocopia da folla de inscrición no libro de familia

ou DNI.

3.De optar por praza neae, achegar ocumentación

pertinente.

Do 1 ao 20 de marzo ambos os dous inclusive na admisión do

 

Presentación de documentación xustificativa dos criterios de baremo se o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas

 

10 días hábiles a partires dos 2 seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

 

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

 

Antes do 25 de abril

Publicación das listaxes definitivas

Antes do 15 de maio

Formalización da Matrícula Infantil e Primaria

Do 20 ao 30 de xuño

Formalización da Matrícula en prazo  ordinario para alumnos ESO

 

Do 25 de xuño ao

10 de xullo

 

Formalización da Matrícula en prazo extraordinario para alumnos ESO

 

Do 1 ao 10 de setembro

 

 

 

 

7.- DOCUMENTOS PARA DESCARGAR

 

descarga documento pdf.jpg

DOCUMENTO DE INFORMACIÓN XERAL COLEXIO.PDF

CARÁCTER PROPIO

descarga documento pdf.jpg

ANEXO II DE ADMISIÓN.PDF

DOCUMENTO EXPLICATIVO ADMISIÓN.PDF

descarga documento pdf.jpg

RÚAS-ZONA INLUENCIA COLEXIO NUESTRA SEÑORA DE LOS REMEDIOS

DESCRICIÓN PERIMETRAL ZONA INFLUENCIA COLEXIO REMEDIOS

descarga documento pdf.jpg

CENTROS LIMÍTROFES COLEXIO REMEDIOS (ZONA LIMÍROFE)

RÚAS-ZONA INFLUENCIA TODOS OS COLEXIOS CONCELLO SANTIAGO

descarga documento pdf.jpg

INSTRUCCIÓNS DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS ADMISIÓN 2017-2018

PORTAS ABERTAS 2017/2018

 

 

 

 

 

 

 

 

 
< Prev