Actividades de verán PDF Print E-mail
Written by Administrator   
sábado, 31 marzo 2012

ACTIVIDADES E OBRADOIROS EN INGLÉS DURANTE

XUÑO-XULLO "SUMMER ACTIVITIES AT REMEDIO´S SCHOOL"

(aberto tamén a alumnos non matriculados no Centro)

 

Actividades e obradoiros con inmersión lingüística total en inglés para alumnos de Infantil e Primaria que se desenvolverá no noso Centro a finais de xuño e  no mes de xullo

  

1. OBXECTIVOS

 

Propoñémonos os seguintes obxectivos:

Promover actividades que favorezan a diversión creando un ambiente lúdico

Facilitar a adquisición de destrezas lingüísticas en inglés, tanto a nivel oral coma escrito.

Experimentar   e  gozar  de novas    experiencias   con actividades     lúdicas.

Fusionar  o xogo, o entretemento  e a diversión  coa aprendizaxe do INGLÉS.

 

2. DATAS, HORARIOS E SERVIZOS

 

Desde  o día 26 xuño ao 31 de xullo de 2017 de  8:00 h. ata ás 16:00 h.

De  8:00 a 9:30 h.  Servizo de Madrugadores

De 9:30  ás 14:00 h.  Obradoiros e Actividades

De 14:00  ás 16:00 h.  Servizo de Comedor

 

 3. OBRADOIROS E ACTIVIDADES

 Os  alumnos participantes estarán distribuidos en grupos reducidos (máximo 10) e por idades. Unha vez coñecido o número de alumnos e as súas idades serán organizadas as actividades e obradoiros.

 

Os profesores participantes serán profesores nativos e profesores de inglés, a maioría auxiliares de conversa e profesores do Colexio.  

 

Actividades:

 Xogos (xogos populares, a bandeira, rastreo, far man, musicais, ...)

Deportivas (volley red, floorball, aerobic, ...)

Artísticas (obradoiros de manualidades, pintura, debuxo...)

Dinámicas (story telling, role plays, brainstorming, team building, ...)

Outras actividades (twister, tabú, who is who, busca palabra, ....) 

campamento ingles 2_495x323.jpg
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4. INSCRICIÓN  E FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

 

A inscrición será do 1 de maio ao 31 de maio de 2017. A partir desta data solo se adxudicarán prazas se quedan grupos sen completar.

 Pasos a seguir:

1.    Cubrir a ficha de solicitude correspondente que deberá entregarse na Secretaría do Centro debidamente cumprimentada.

2.    Reserva de praza: 50 euros mediante ingreso en conta (entregar resgardo bancario en Secretaría) a descontar do total do prezo. A reserva non se devolverá se finalmente non participa sin causa debidamente xustificada.

3.    Unha vez rematado o prazo de inscrición, formalizaremos a matrícula do 1 de xuño ao 15 de xuño e mediante ingreso en conta (entregar resgardo bancario en Secretaría).  
 
campamento ingles 1.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

 5. PREZOS

 

MODALIDADE

HORARIO

PREZO

Servizo de Madrugadores

(sen almorzo cada semana)

8:00 a 9:30 h

5 euros

Servizo de Madrugadores

(con almorzo cada semana)

8:00 a 9:30 h

10 euros

Obradoiros e Actividades

Quenda do 26 ao 30 de xuño ou

1 semana completa de luns a venres de xullo

9:30 ás 14:00 h

60 euros

Obradoiros e Actividades

Quenda de 2 semanas  de xuño-xullo

9:30 ás 14:00 h

110 euros

Obradoiros e Actividades

(Mes completo xullo)

9:30 ás 14:00 h

190 euros

Obradoiros e Actividades

(Quenda xuño máis xullo)

9:30 ás 14:00 h

220 euros

Servizo  de Comedor (cada semana)

14:00 ás 16:00 h

25 euros

Servizo  de Comedor (Mes completo)

14:00 ás 16:00 h

100 euros

  

 Aplicaranse descontos do 40% (en obradoiros e actividades) se participan dous ou máis irmáns.

 

Criterios de admisión:

Sen o número mínimo de participantes en cada escala, fixado en 10 matriculados, non se realizará a actividade (os inscritos recuperarán a reserva de praza). Terán prioridade os alumnos do colexio e de mes completo.

O número máximo de prazas é 60 asignadas por orde de inscrición, tendo en conta os criterios anteriores.

 

Documentación:

- Ficha de inscrición, cuberta.

- Ficha de formalización de matrícula.

 

 

 

 

  

 

 

 

actividades veran18.png

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 
< Prev   Next >