Equipo Psicopedagóxico PDF Print E-mail
Written by Administrator   
miércoles, 09 marzo 2011


 

EQUIPO PSICOPEDAGÓXICO

 

O centro conta con 3 tres especialistas dedicados á Orientación. Esta concíbese coma unha actividade orientadora , como unha formulación preventiva das dificultades e desarrollista das competencias dos alumnos , adoptando unha perspectiva sistémica.

 

A través deste equipo, póñense en marcha programas de actuación dirixidos a mellorar a calidade do centro.
A liña de actuación do Departamento de orientación é por programas mediante accións planificadas , encamiñadas a lograr uns obxectivos cos que satisfacer necesidades dirixidas ao alumno con carácter preventivo e de desenvolvemento , deseñando uns obxectivos concretos , planificados , executados e avaliados na que van intervir non só o Departamento de Orientación senón todos os compoñentes da comunidade educativa ( profesores , equipo directivo , país… )
O Departamento de Orientación desenvolve a súa actividade desde a vertente escolar , vertente vocacional e vertente persoal.

 

ACTIVIDADES E PROGRAMACIÓN

NA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

 

Centramos a nosa intervención na vertente escolar:

-Aplicación de probas diagnósticas acorde á consecución dos obxectivos perseguidos.
-Elaboración de informes sobre aqueles alumnos cuxos pais ou profesores así o requiran.
-Asesoramento e orientación a alumnos , pais e profesores.
-Atención aos alumnos con necesidade específica de apoio educativo ( ACNEAE )en tarefas de reforzo e recuperación ao labor desempeñado polo profesor no aula.

 

O Departamento de Orientación pon en marcha un programa de ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE para nenos de 3 , 4 , 5 anos da Educación Infantil co Título ENSÉÑAME A Falar.

 

NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

 

É a primeira etapa na que os alumnos son atendidos por un equipo amplo de profesores do que se deriva claramente a importancia da acción titorial e a correspondente coordinación docente.
En canto ás necesidades educativas non só son atendidas igual que nas etapas anteriores senón que a súa atención redóbrase expóndose Reforzo Educativo , Adaptación Curricular , Programas de Diversificación Curricular , Opcionalidade .
Na ESO o Departamento de Orientación realiza unha dobre función asesorando tamén ao alumnado nas materias optativas que teñen que cursar en 3 e 4 º curso.

 

infantil 3_612x408.jpg

 


AS ACTIVIDADES A DESENVOLVER REALÍZANSE POR NIVEIS

 

1º ESO

Aplicación dunha batería compuesta dunha proba de intelixencia xeral de aptitudes básicas para o estudo e un cuestionario de personalidade.

 

2º ESO

Procédese igual que en 1º da ESO para os alumnos de nova incorporación. Realízase un estudo de casos individualizados que xorden nos distintos momentos do curso segundo a problemática presentada.

O Departamento de Orientación intervén xunto co profesor de apoio no seguimento daqueles casos con dificultades nas Técnicas instrumentais básicas , atención ou dificultades no estudo a través dun apoio dirixido.
Ademais neste proceder tamén destacamos a asistencia e participación ás reunións de avaliación co fin de favorecer un maior coñecemento do alumno.

 

3º  ESO

Elaboración de informes individualizados aos titores que o soliciten dos seus alumnos para entrevistas de acción titorial co alumno ou a súa familia.

Apoio e seguimento do alumno con dificultades no estudo ou no seu rendemento.

 

4º ESO

 

Asesoramos ao alumnado sobre as decisións que teñen que tomar : bacharelato , ciclos formativos, selección de materias optativas... Igualmente, prestamos axuda no proceso de toma de decisións sobre as súas opcións vocacionais.
Aplicarase no 3º trimestre do curso probas sobre intereses e preferencias vocacionais , ofrecendo todos os medios de información para realizar o Bacharelato ou trípticos sobre os ciclos formativos de forma que lles sexa máis fácil a toma de decisións segundo preferencias e aptitudes.
Manteranse entrevistas cos alumnos e se se considera necesario coas familias.
Dentro da SEMANA DA ORIENTACIÓN proponse unhas charlas informativas para orientalos sobe as opcións que teñen ao finalizar 2º ESO e 4º ESO.
O alumno/a terá unha entrevista persoal co Departamento de Orientación para falar de como organizar o estudo , cando e como estudar e sacarlle o maior rendemento posible ás súas preferencias académicas e profesionais á hora de realizar a toma de decisións máis adecuada.
Desde o Departamento de Orientación informarase á familia en todo momento da toma de decisións máis adecuada.
Ao principio de curso o Departamento de Orientación explicará ás familias as súas liñas de actuación en todos os ámbitos desde a educación Infantil , a Educación Primaria e a ESO.
Coa colaboración da ANPA ( asociación de pais de alumnos ) organizaremos charlas educativas para pais e alumnos sobre temas de interese ( Uso responsable das tecnoloxías da información , Como inflúen as tecnoloxías na educación dos nosos fillos, A hiperactividade nos nosos fillos , Problemas de conduta na escola e na casa , Dificultades de aprendizaxe e a desmotivación , Intercambio de alumnos para estudar no estranxeiro ).
 
  
 
 

O Departamento de Orientación lembra ao alumnado da ESO que ten a súa disposición blogs orientados á toma de decisión sobre os seus  estudos.

Pode consultar o programa Orienta  na seguinte ligazón:

http://www.elorienta.com/losremedios/

Neste blog está disponible o Orientaline (aplicación interactiva). Ademais, pode  consultar o Orientaline fóra do blog (como unha aplicación)  na seguinte ligazón:

http://www.orientaline.es/?yafxb=36148

 

Disponible en distintos dispositivos ( móbiles, ordenadores, tablets,…)

 

 

 



 

 

 

 

  

 
< Prev   Next >