Proxecto Abalar PDF Print E-mail
Written by Administrator   
miércoles, 09 marzo 2011
PROXECTO ABALAR IMPLANTADO EN 1º E 2º DE ESO
 
 
ABALAR é o proxecto para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e OrdenaciónUniversitaria.
 
ABALAR organizará os recursos existentes cara a acadar o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes nuns centros educativos cada vez máis preparados tecnoloxicamente.
 
O proxecto ABALAR, liderado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, levará a cabo un proceso de cambio no que converxerán de forma coordinada e aliñada os seguintes eixos sobre os que se desenvolve o proxecto:
  • Equipamento e infraestruturas.
  • Contidos educativos.
  • Fomento da cultura dixital.
  • Integración e participación. 
pizarrac.jpgultrac.jpg
 
 
 
 
 

 

  

 

A estratexia do proxecto ABALAR xira arredor do concepto de centro educativo dixital. O centro educativo dixital supera o concepto de centro educativo tradicional e persegue dispor de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte de todos os axentes da comunidade educativa, na actividade docente, de aprendizaxe e administrativa.

  

abalar612x408.jpg

  

Para acceder a máis información (preme):

 
 
 
 
 
 
 
 
 
< Prev   Next >