Centro Plurilingüe PDF Print E-mail
Written by Administrator   
sábado, 08 diciembre 2012
 
CENTRO PLURILINGÜE
 
O colexio pertence á REDE DE CENTROS PLURILINGÜES DE GALICIA que comezaron a denominarse así no curso 2010-2011.
 
 plurilingue_2.jpg
   Segundo a Orde do 12 de maio de 2011, un Centro plurilingüe é aquel no que se imparta " nunha lingua estranxeira áreas ou materias non lingüísticas, de educación primaria e/ou secundaria, cunha carga horaria total impartida en lingua estranxeira de ata o máximo dun terzo do horario lectivo do grupo de alumnado, conforme o que se establece no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Esta docencia en lingua estranxeira deberá ir dirixida a todo o alumnado do nivel educativo obxecto do programa plurilingüe.

 

 Os centros plurilingües teñen, entre outros, os seguintes obxectivos:

a) Formar en linguas estranxeiras á vez que en contidos non lingüísticos.

b) Mellorar o dominio efectivo en linguas estranxeiras do alumnado galego.

c) Fomentar a pluralidade lingüística e cultural nos centros educativos para lograr a plena integración do alumnado nun contexto cultural e económico globalizado.

d) Promover o desenvolvemento dun currículo integrado das linguas para favorecer a transferencia dos coñecementos e as competencias dunha lingua a outras.

 

Acorde con isto, no colexio Nuestra Señora de los Remedios, as materias de Música, Plástica e Educación Física son impartidas en lingua inglesa en primaria.

 

En EDUCACIÓN SECUNDARIA, en 1º ESO a materia de Plástica e Visual e en 2º ESO a materia de Música impártense en Inglés

 

 

 

 

 

    beda.jpg

 

 

 

 
 
< Prev   Next >